Historia

En xullo de 2006, un grupo de comerciantes de Meaño decide constituír O Corazón de Meaño nunha asociación denominada Asociación de Comerciantes de Meaño C.C.U. A iniciativa ten unha boa acollida e na súa primeira captación de socios acada os 40 afiliados.

A intención da directiva ao constituírse en asociación é fomentar o asociacionismo entre o comercio de Meaño para así conseguir convenios para os socios.

Na actualidade contamos con 64 socios e atopámonos moi satisfeitos co traballo desenvolto até a data:

  • Fixemos realidade o proxecto dunha asociación.
  • Fomentamos a fidelización dos clientes mediante as nosas campañas, obsequiándoos con vales de compra e sorteos.
  • Asinamos convenios con Combustibles do Salnés, Cova de Áreas Residencial “spa” e Caixanova. Este último é un referente importante para os nosos asociados.
  • Realizamos campañas publicitarias do noso comercio na TVSB.

Logo da Xunta de Galicia