Proxectos de futuro

Dado o contexto económico actual, a Asociación de Comerciantes O Corazón de Meaño vén traballando en varios proxectos para o deseño de campañas de formación para os nosos socios.

Estes proxectos realízanse mediante convenios de colaboración coa área de Comercio da Deputación Provincial, sendo un dos máis destacados o plan comercial, que inclúe un estudo de mercado do pequeno comercio de Meaño.

Desde a nosa área de Eventos e Campañas estamos a traballar na mellora constante do servizo cara aos nosos clientes. Por iso estamos a estudar a posibilidade de ofrecer un evento importante no ano 2010 co fin de dar a coñecer a historia, costumes, comercio e oportunidades da contorna de Meaño.

Logo da Xunta de Galicia