Concello de Meaño

Xeografía:

Extensión e poboación

Situado no centro do val do Salnés, o municipio de Meaño é un exemplo característico da Galicia rural. A súa extensión de 28 km cadrados alberga unha poboación de 5.475 habitantes, que se concentra nas 7 parroquias que forman o municipio.

Orografía

Practicamente todas as súas terras están dedicadas ás actividades agrícolas. A substitución está formada por dous sectores: ao leste atopamos unha pequena dorsal montañosa con altitudes que non superan os 400 metros e o resto do municipio está configurado por unha ampla chaira con suaves ondulacións que non superan os 100 metros.

Clima

O clima é suave e non presenta contraste en termos siginificativos. No inverno a temperatura media rolda os 10 graos e nas estacións calidas é duns 20 graos. Durante o outono e a principios do inverno as precipitacións son abundantes.

Historia de Meaño

Existen poucos datos e referencias históricas do municipio. Nas saias do Castrove a igrexa de Sta. María de Simes foi no medievo un importante lugar de oración, protexido por monarcas e nobres; tamén se contempla a posibilidade de que fose fundada por dona Urraca. Posterioremente, Alfonso VII doou estas terras ao mosteiro de S. Martín Pinario. Meaño foi no pasado un importante centro artesanal de teixedores, aínda que na actualidade esta tradición apenas pervive.

Para máis información consulte a páxina web do Concello de Meaño: www.concellodemeano.com

Logo da Xunta de Galicia