Noticias

  • Mar, 18/05/2010

    Fuente: Faro de Vigo 18/05/2010

     NOELIA GONZÁLEZ PORTAS - Presidente de O Corazón de Meaño

  • Xov, 06/05/2010

      Entrega dos almorzos sorpresa da campaña do día da nai.

  • Mér, 21/10/2009

    O Concello de Meaño, informa de que a Concellería da Muller vai continuar co programa de actividades destinadas ás mulleres do concello que se leva a cabo todos os anos.

    Estas actividades van destinadas ás mulleres do Concello.

    A oferta de actividades de este ano inclúe aerobic, ioga-Pilates e iniciación á informática e a internet.

    As actividades darán comezo tan pronto como se forme un grupo e rematarán en maio de 2010. Para poder levar a cabo unha actividade necesitarase un número mínimo de 10 participantes.

  • Mér, 21/10/2009

    O Concello de Meaño, informa que as Concellerías de Educación-Cultura e Xuventude-Deporte van continuar co programa de actividades deportivas, de formación e lúdicas, destinadas ós mozos e mozas do Concello con idades comprendidadas entre os 14 e os 35 anos.

    As distintas iniciativas darán comezo en outubro de 2009 e rematarán en maio de 2010. As actividades ofertadas realizaranse sempre e cando se anote un número mínimo de persoas.

    As persoas interesadas poderán elixir entre tenis, informática, aeróbic, danza do ventre e Pilates.

  • Mér, 21/10/2009

    O novo sitio web do Centro Comercial Urbano O Corazón de Meaño difundirá as actividades dos comerciantes e fomentará a comunicación dos membros da agrupación a través dunha área de interconexión.

    Este proxecto está cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado pola consultora en TIC Softic, de Grupo Isonor.

Logo da Xunta de Galicia